Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Certame de curtametraxes Nada sobre nós sen nós

Cartel do certame Certame de curtametraxes Nada sobre nós sen nós

En 2005 en AMBAR iniciamos unha nova vía de acción de cara a sensibilización social, no eido das persoas con diversidade funcional, poñendo en marcha o certame de curtametraxes “NADA SOBRE NÓS SEN NÓS”, que promovemos e organizamos encadrado nas Xornadas do Audiovisual do Concello de Boiro. A temática do certame é o achegamento ó fenómeno social da diversidade funcional como unha cuestión de dereitos humanos.

O título deste certame “NADA SOBRE NÓS SEN NÓS” corresponde ó lema do movemento internacional de vida independente, que se basea nun enfoque social das cuestións das persoas con diversidade funcional e que toma como referencia os dereitos humanos, e como obxectivo político básico a non discriminación e a igualdade de oportunidades.

O noso motivo para xuntar cine e diversidade funcional é comunicar a través do audiovisual o dereito a elixir como vivir as nosas vidas nesta sociedade, sen ser apartados ou excluídos. Demandamos as mesmas oportunidades e capacidade de elección, o mesmo grado de control sobre a nosa vida, e a nosa participación plena e igualitaria na sociedade, ó igual que as persoas sen discapacidade teñen garantidos.

Palmarés dos Certames NADA SOBRE NÓS SEN NÓS

2009:

Cartel do certame Nada sobre nós sen nós 2009

Mellor obra na categoría de documental:El río de marcos” de Cristina Esmerode, Cecilia Touceda, Sonia Montes, Paula Cobas, 10´

Mellor obra na categoría de ficción:El escondite” de José Miguel Adamuz Alcalde, 4´45´´

Mencion honorífica da organización: "Album de familia" de Frank Toro

Mencion honorífica do xurado:

  • “El vuelo de Coco" de Andrés Román Navas, 16´16´´
  • A nena que tiña unha soa orella”, de Álvaro León, 13´
  • “Nos llamaban locos", de Frank Toro, 8´

Membros do xurado

  • Rocío Lizcano: xornalista
  • Kiko Fernández Mújico: activista do Foro de vida independente
  • Toñito de Poi: artista multimedia
  • Xerardo Piñeiro: representante Concello Boiro

2008:

Cartel do certame Nada sobre nós sen nós 2008

Premio á mellor obra na categoría de documental: “La discapacidad invisible” (Anne Larrañaga, 25’, 2006-07´)

Premio á mellor obra na categoría de ficción:El tiempo prestado” (David González Rudiez, 16´, 2008)

Mencións honoríficas do xurado:

  • La culpa del otro”, (Iván Ruiz Flores, 19´50”)
  • Mi hermano”, (Alain Lefebvre, 12´)
  • “Banana gun”, (José Miguel Adamuz, 13´)

Membros do xurado

  • Xosé Manuel Olveira “Pico”: actor
  • Marga Toxo: xornalista
  • Manuel Lobato: activista do Foro de vida independente
  • Ricardo Llovo: director
  • Xerardo Piñeiro: representante Concello de Boiro

2007:

Mellor obra en cine: Malia que as obras eran de gran calidade, non alcanzaron o compromiso esperado polo que o xurado determinou que o premio quedase deserto.

Mellor obra en vídeo: “Músika" (Asier Urbieta, 4´, 2007)

Mención honorífica do xurado:

  • “Nada para nosotros” (Paulina Jiménezaguilar, 25´,vídeo, 2006)
  • Mãe, Pai, filha” (Sueli Nascimiento, 23´40´´, vídeo)

Membros do xurado

  • Quico Cadaval: actor e director
  • Toño Díaz: xornalista e director de programas de Televisión de Galicia
  • Soledad Arnau: filósofa, experta en temas de muller e diversidade
  • Juan José Maraña: escritor, consultor en diversidade funcional
  • Xabier Agrafoxo: crítico de cine
  • Xerardo Piñeiro: representante institucional do Concello de Boiro

2006:

Mellor obra en cine:Avatar” (Lluis Quilez Sala, 15´, 2005)

Mellor obra en video:La Carmen” (Alfredo López, 17´, 2005)

Mencion honorífica do xurado: “Ser mamá (como las demás)” (Mónica Adriana Chirife, 24´,vídeo, 2006)

Mencións honoríficas da organización:

  • “En son de paz” (Manuel Dios Diz - Seminario galego de educación para a paz, 25´, vídeo, 2005)
  • “La luz de los sentidos” (Alberto González Lorente, 13´, vídeo, 2005)

Membros do xurado

  • Isabel Rey: pintora e actriz recentemente premiada pola participación na obra “Madres”.
  • Marita Iglesias: experta en temas de muller e diversidade funcional.
  • Antonio Boñar: xornalista e experto en cine.
  • Eduardo Galán: escritor, xornalista e director de programación da TVG.
  • Xerardo Piñeiro: representante institucional do Concello de Boiro.

2005:

Mellor obra en cine: “Seré tus ojos” (Enrique Rey Monzón).

Mellor obra en vídeo:¿Bailas muñeca? El tango” (APCA Alicante).

Mencións honoríficas:

Membros do xurado

  • Xabier Bermúdez: director de cine
  • Mabel Rivero: actriz
  • Moncho Lemos: crítico de cine
  • Javier Romañach: experto en bioética
  • Xerardo Piñeiro: representante institucional do Concello de Boiro