Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Faite socio

As raíces da asociación somos todos os socios. O apoio individual de persoas coma ti, como todo socio, permítenos realizar a nosa misión e facer funcionar programas, servizos e apoios para todas as persoas con diversidade funcional que acoden a AMBAR.

AMBAR ten as seguintes clases de socios:

  1. As persoas con diversidade funcional maiores de idade e con capacidade de obrar que non estean suxeitos a ningunha condición legal para o exercicio do dereito.
  2. As persoas con diversidade funcional menores de idade, non emancipadas, de máis de catorce anos, previo consentimento, documentalmente acreditado, dos seus pais ou titores.
  3. Os pais, titores ou representantes legais en representación dos menores de idade ou incapaces.
  4. Persoas que coa súa traxectoria acrediten unha incidencia importante na consecución do benestar das persoas con diversidade funcional, tendo que vir avalado por dez socios de AMBAR non podendo alcanzar un número superior a un 20 por cento da totalidade dos socios de dereito.
  5. Poden ser nomeados socios de honra todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que se distingan pola súa actuación a favor dos fins de AMBAR e do colectivo que representa.
  6. Os colaboradores serán todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que desexen colaborar de maneira desinteresada con AMBAR mediante a súa participación ou mediante achegas económicas. Os colaboradores non son titulares de obrigas nin dereitos.

A baixa como socio de AMBAR poderá ser en calquera momento por decisión voluntaria.

Únete a AMBAR, a cota básica de socio ascende a 20 € ó ano. Os socios colaboradores poden aboar unha cota tamén de 20 € ó ano, ou a que voluntariamente decida cada un.

Apoia a AMBAR, faite socio

Para facerte socio só tes que seguir estes pasos:

  1. Descarga o formulario de alta.
  2. Cubre e imprime o formulario.
  3. Envíao por correo postal ou entrégao en calquera dos nosos locais.