Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Empoderamento para mulleres

Unión Europea- Secretaría Xeral da Igualdade

“Programa integral de empoderamento e autoxestión para mulleres con discapacidade intelectual non ámbito rural”

Proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade, dende Xaneiro ata Setembro do 2016.

Intervencións en distintos ámbitos vitais de 10 mulleres en risco de exclusión social, para potenciar as súas competencias e desenvolver habilidades que lle faciliten a inclusión social, a participación normalizada na comunidade e o desenvolvemento persoal.

O programa incluiu múltiples accións desenvolvidas dende distintos servizos:

  • Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que faciliten a inclusión social.
  • Servizo de atención psicolóxica.
  • Servizo de asesoramento xurídico.
  • Servizo de mediación intercultural e/ou familiar.
  • Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade.
  • Servizos ou medidas de apoio e orientación laboral.

Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

Secretaría Xeral da Igualdade

Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Promover a igualdade e a inclusión social
O FSE Inviste no teu futuro