Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Campañas de difusión da convención

Difundindo a Convención na rúa

Convencidos de que A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con disCapacidade é un logro importante para as persoas con diversidade funcional, sobre todo para lograr a visibilidade deste grupo de cidadáns dentro do sistema de protección dos dereitos humanos de Nacións Unidas, así como o tratamento da diversidade funcional como unha cuestión de dereitos humanos, e poder contar cunha ferramenta xurídica vinculante á hora de facer valer os dereitos destas persoas, AMBAR puxo en marcha unha serie de accións encamiñadas:

  • Dar a coñecer o contido da convención entre os distintos colectivos e axentes socias: escolares, medios de comunicación, políticos, técnicos sociais,...
  • Favorecer e potenciar o coñecemento da diversidade humana entre a poboación.
  • Promover actitudes positivas cara as persoas con diversidade funcional.