Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Centro ocupacional AMBAR

Beatriz Mato e Coro Piñeiro compartindo as actividades do centro

O servizo de Centro Ocupacional, funcionando dende o ano 1993 conta actualmente con 45 prazas para persoas con diversidade funcional intelectual en idade laboral. O noso número de rexistro é: E-0089.

O servizo de Centro Ocupacional está acreditado co certificado de calidade ISO 9001, con número de certificación ES030407, outorgado pola certificadora Bureau Veritas.

Entre os obxectivos do Centro Ocupacional AMBAR atópanse:

  • Garantir unha atención integral e personalizada a todos e cada un dos usuarios.
  • Desenvolver, manter ou incrementar e optimizar o funcionamento das súas capacidades procurando, os mais altos niveis de autonomía persoal.
  • Procurar o equilibrio emocional e afectivo.
  • Realizar terapias de habilitación persoal e social.
  • Ofrecer a asistencia e coidados necesarios a cada usuario.
  • Procurar un entorno onde conceptos como privacidade, propiedade, seguridade física e psicolóxica, relacións interpersoais, confianza e estabilidade atopen axeitada protección.
  • Prestar información, coordinación, asesoramento e orientación necesaria, aos usuarios e as súas familias

Programas e actividades

Os talleres, programas e actividades que están en funcionamento actualmente son os seguintes:

  • Servizo de fisioterapia.
  • Servizo de terapia ocupacional.
  • Desenvolvemento psicomotriz: activ. de psicomotricidade e piscina.
  • Programas de autonomía persoal: habilidades sociais e da vida diaria.
  • Programa de formación ocupacional.
    • Taller de Cestería.
    • Taller de Encadernación.
    • Artes aplicadas.
    • Xardinería e Horticultura.
    • Taller de Abelorios.
    • Formación de adultos.
    • Informática.

Ademais cóntase cos servizos de información e asesoramento, intervención psicolóxica e social, actividades de ocio e tempo libre e servizo de comedor e transporte adaptado.

A metodoloxía empregada no traballo diario baséase na adquisición de aprendizaxes funcionais, cooperativa e motivadora fomentando a colaboración e a participación dos usuarios adestrando situacións da vida cotiá e atendendo sempre ás necesidades e expectativas dos usuarios e as súas familias.

Requisitos de admisión e ingreso no centro

Para a admisión no centro respectarase a vontade do usuario ou do seu representante legal, precisando a previa autorización xudicial no caso de persoas incapacitadas xudicialmente.

Condicións:

Poderán ser usuarios/as do Centro Ocupacional de AMBAR aquelas persoas maiores de 18 anos e ata os 59, con discapacidade intelectual. Excepcionalmente, cando exista causa que o xustifique e coa autorización da administración competente, poderán ser usuarios/as do centro persoas con 16 anos cumpridos.

Documentación requirida previa á admisión:

  • Fotocopia certificado de minusvalía.
  • Fotocopia da valoración de Dependencia.
  • Declaración da renda ou certificado negativo da Axencia Tributaria
  • Certificado das prestacións sociais do solicitante
  • Certificado de convivencia - empadroamento.
  • Documentos acreditativos da personalidade: tarxeta sanitaria, DNI dos pais ou titores legais e do solicitante, datos bancarios,...
  • Informe médico co diagnóstico (patoloxías, enfermidades infecto-contaxiosas, trastornos psíquicos, antecedentes psiquiátrico,...) e coa posoloxía do tratamento farmacolóxico a subministrar, dietas especiais,...
  • Datos da unidade familiar e dos contactos familiares.