Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Programa Operativo Emprego Xuvenil

O servizo de OIGO (Oficina para a Igualdade de Oportunidades) seguirá desenvolvendo actuacións encamiñadas ó empoderamento das persoas con diversidade funcional, fixando como obxectivos:

  • Continuar fomentando a igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con diversidade funcional, prestando información, orientación e promoción da adquisición de habilidades e apoios dende a OIGO.
  • Dar a coñecer en profundidade os servizos prestados polo programa OIGO a través das redes sociais e medios de comunicación.

Trátase de construír unas nova visión das persoas con diversidade funcional superada do asistencialismo coa que estamos comprometidos materializándose o disposto na convención dos dereitos das persoas con discapacidade de Nacións Unidas.
Para poder manter este servizo recibiuse unha subvención da Secretaría Xeral de Emprego que permitiu a contratación dunha persoa formada no ámbito comunicativo e que ten fixados como obxectivos:

  • Elaboración e maquetación de contidos
  • Xestión de redes de comunicación
  • Transmisión da misión, visión e valores da entidade
  • Desenvolver e implantar unha estratexia de comunicación acorde á misión
  • Manter unha relación cos medios de comunicación
  • Realización de notas de prensa
  • Colaboración na creación do Plan Estratéxico
  • Elaboración do Plan de Comunicación
  • Redacción das Memorias da entidade

Subvencións para o fomento do Emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, no ámbito do Programa operativo de Emprego xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Operación cofinanciada pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo 2014-2020