Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

IV Carreira pola Diversidade

IV Carreira pola Diversidade

Carreira popular de carácter deportivo e inclusivo

8 de xullo de 2018. Ribeira.

Circuito urbano con saída dende a zona de Coroso.


Carreira adultos, distancia 5 quilómetros

Establécense as seguintes categorías:

  • Zapatilla: Home/Muller
    • Sub 23: desde 14-23 anos.
    • Sénior: 24-34.
    • Veterano 1: 35-44
    • Veterano 2: Desde 45 anos.
  • Zapatilla Inclusiva: Home/muller. Poderán inscribirse nesta categoría todas as persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunhas das outras modalidades.
  • Cadeira de rodas: corredores/as en cadeira de rodas.
  • Handbike: corredores/as en bicicleta de man.

Carreiras infantís:

Ó rematar a carreira absoluta darán comezo as seguintes probas infantís. A inscrición é gratuíta.

  • Non se realizarán clasificacións das probas infantís, todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa
    • 3-5 anos 75m.
    • 6-8 anos 600m.
    • 9-12 anos 1200m.

Inscricións:

A cuota de inscrición é de 5 euros (só adultos). A recadación será destinada a programas de deporte inclusivo.

A inscrición poderá facerse ata o 5 de xullo ás 23:59h na seguinte web: galitiming.com

A partir desa data só se poderá formalizar a inscrición con dorsal 0 nos teléfonos 981875475 / 981874480, ou o propio día no punto de repartición de dorsais. Os tempos alcanzados polos participantes con dorsal 0 non se terán en conta na clasificación final.


Máis información

Tes a posibilidade de facer a inscrición co “Dorsal 0” (cota solidaria).

Os dorsais recolleránse no punto de Información e avituallamento preto da saída, a partir das 10:15h.

A data límite de inscrición remata o día xoves 5 de xullo ás 23:59 horas.

Regulamento da carreira (galego)

Cartel da IV carreira pola diversidade

Ao rematar a entrega dos trofeos sortearanse varios agasallos para nenos e adultos e despois convidámoste á nosa esperada ROMARÍA DA DIVERSIDADE xunto á praia de Coroso.


Percorrido da carreira

Ruta e perfil da carreira

Ruta e perfil da andaina