Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

III Carreira pola Diversidade

III Carreira pola Diversidade

Carreira popular de carácter deportivo e inclusivo

9 de xullo de 2017. Ribeira.

Haberá probas infantís.

Tamén podes acompañar aos corredores na andaina urbana inclusiva.

Circuito urbano con saída dende a zona de Coroso.

Saída da carreira ás 10:30h. Entrega de dorsais ás 9:30h.


Carreira (adulto):

Establécense as seguintes categorías:

  • Zapatilla: corredores a pé
    • Sub 23: desde 14-23 anos.
    • Sénior: 24-34.
    • Veterano 1: 35-44
    • Veterano 2: Desde 45 anos.
  • Silla: corredores/as en cadeira de rodas.
  • Handbike: corredores/as en bicicleta de man.
Categorías de incrición
4,8 km Zapatilla Home
Muller
Silla Home
Muller
Handbike Home
Muller

Carreira (infantil):

Ao rematar a III Carreira pola Diversidade, realizaranse varias probas infantís, baixo as seguintes condicións:

  • Inscrición gratuíta
  • Non se realizarán clasificacións das probas infantís, todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
  • Inicio do primeiro grupo ás 11:30 h.
  • Percorridos accesibles, e adaptados aos grupos de idade sendo:
    • 3-5 anos 75m ás 12:00 h.
    • 6-8 anos 600m ás 11:45 h.
    • 9-12 anos 1.2km ás11:30 h.
Categorías de incrición
3-5 anos (75m) Zapatilla
Silla
Handbike
6-8 anos (600 m) Zapatilla
Silla
Handbike
9-12 anos (1.2 km) Zapatilla
Silla
Handbike

Inscricións:

A cuota de inscrición é de 5 euros (só adultos). A recadación será destinada a programas de deporte inclusivo.

A inscrición poderá realizarse on line ou de maneira presencial:

  • On line a través de galitiming.com escollendo a opción correspondente
  • Asociación AMBAR, no Centro Sociocomunitario da Pobra do Caramiñal: Rúa Castelao, 5. Pobra do Caramiñal.
  • Centro de Recursos da Asociación AMBAR, Lugar de San Roque – Frións s/n – Ribeira.

Máis información

Tes a posibilidade de facer a inscrición co “Dorsal 0” (cota solidaria).

Os dorsais recolleránse no punto de Información e avituallamento preto da saída, a partir das 9:30h.

A data límite de inscrición remata o día xoves 6 de xullo ás 12 horas.

Regulamento da carreira (galego)

Reglamento de la carrera (español)

Ao rematar a entrega dos trofeos sortearanse varios agasallos para nenos e adultos e despois convidámoste á nosa esperada ROMARÍA xunto á praia de Coroso.


Percorrido da carreira

Ruta e perfil da carreira

Percorrido da andaina

Ruta e perfil da andaina