Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

I Carreira pola Diversidade

Cartel da carreira pola diversidade

Ver o resultado da carreira (Postos, tempos…)

Carreira popular de carácter deportivo e inclusivo, para maiores de 16 anos.

5 de xullo de 2015. Ribeira (Coroso).

Circuito urbano con saída dende a zona polideportivo de Coroso.

Saída da carreira ás 10:30h. Entrega de dorsais ás 10:00h.


Categorías:

Establécense 2 modalidades de carreira: 4,1 km e 8,2 km, coas seguintes categorías:

  • Zapatilla: corredores a pé
  • Silla: corredores en cadeira de rodas
  • Handbike: corredores en bicicleta de man (solo en 8,2 km).
Categorías de incrición
4,1 km (1 volta) Zapatilla Home
Muller
Silla Home
Muller
8,2 km (2 voltas) Zapatilla Home
Muller
Silla Home
Muller
Handbike Home
Muller

Inscricións:

A cuota de inscrición é de 5 euros. A recadación será destinada a programas de deporte inclusivo.

Ampliado o prazo de inscripción ata o día 3 de xullo ás 23:59 horas

A inscrición poderá realizarse, os datos do participante, nos seguintes lugares:

  • Asociación AMBAR, no Centro Sociocomunitario da Pobra do Caramiñal: Rúa Castelao, 5. Pobra do Caramiñal.
  • Centro de Recursos da Asociación AMBAR, Lugar de San Roque – Frións s/n – Ribeira.

Pasos a seguir:

  • 1º Cubrir a ficha de inscrición nos nosos locais ou descargala aquí e enviala escaneada a correo@asociacionambar.org
  • 2º Efectuar o pago da cuota de inscripción no seguinte número de conta bancaria: ABANCA: ES49-2080-0303-1230-4001-4085, indicando no concepto a palabra “CARREIRA” e o nome e apelidos da persoa participante. A inscrición será efectiva cando se efectúa o ingreso da cuota de 5 €.

Póderase nesta mesma conta facer a inscrición do "DORSAL 0" (abono de cuota solidaria) debendo indicar no concepto: “CARREIRA. Dorsal 0

Regulamento da carreira (galego)

Reglamento de la carrera (español)

Ver o resultado da carreira (Postos, tempos…)


Percorrido e perfil

Ruta e perfil da carreira
Plano do percorrido