Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Fundación Diversia

Logotipo de Fundación DIVERSIA

A Fundación DIVERSIA é unha entidade de interese galego, constituída sen ánimo de lucro, con carácter permanente e duración indefinida, que desenvolve as súas actividades principalmente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Figura inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co nº 2014/3.

A fundación ten por obxecto velar pola dignidade e os dereitos humanos e civís das persoas con diversidade funcional exercendo as institucións de garda e protección e a asistencia social e educativa das persoas con diversidade funcional psíquica, física ou sensorial, así como o fomento do estudo, investigación, formación e divulgación en materia de diversidade funcional.

Pode contactar con Fundación DIVERSIA no teléfono 981 87 54 75 ou no correo correo@fundaciondiversia.org.