Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

AMBAR Acción Social

Logotipo de AMBAR Acción Social

AMBAR ACCION SOCIAL, S.L.U. é un centro especial de emprego sen ánimo de lucro. Está orientado á inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional, así como actividades de axuste de persoal e social, a través da realización de actividades de formación, rehabilitación e inserción laboral en actividades de tipo manipulativas e asistenciais, así como de comercialización de todo tipo de produtos relacionados coa realización das actividades anteriores, tal e como se recolle nos estatutos da entidade.

Son obxecto desta empresa a prestación de servizos a entidades públicas e privadas para a realización de todas aquelas actividades auxiliares ou complementarias necesarias para o normal desempeño das persoas con diversidade funcional, tanto de traballadores como de alumnos asistentes aos cursos de formación, e en particular o transporte adaptado, o aloxamento, a rehabilitación, mediante o desenvolvemento e xestión de:

  • servizos de asistencia persoal, rehabilitación, formación, fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia, información e asesoramento, así como a xestión de centros de recursos dedicados a estes fins.
  • a realización de transporte adaptado e actividades de apoio ou asistencia aos usuarios do mesmo, a formación e a xestión de persoal dedicado a realización do mencionado transporte, tanto propio como alleo, ou las labores de apoio do mesmo.
  • en xeral, a xestión de calquera tipo de actividade, programa ou servizo que asista na atención e mellora da calidade de vida das persoas con diversidade funcional e persoas en situación de risco ou exclusión social, partindo das premisas da calidade dos servizos e do respecto á autonomía das persoas.

Podes contactar con AMBAR ACCION SOCIAL a través do seguinte formulario